progradación

progradación

(< pro- + gradación)

s f [ESTRATIG]

Crecemento lateral dun estrato ou dunha formación sedimentaria que tende a encher unha área máis deprimida, xa sexa fluvial, lacustre ou mariña, mentres que o vertical é nulo ou case nulo. O exemplo máis patente é o dos deltas e os conos de dexección fluviais. OBS: Oponse á retrogradación.