programa

programa

(< lat programma < grπρὁγραμμα)

    1. Anuncio ou exposición ordenada, oral ou escrita, dos obxectivos, intencións ou partes de algo que se vai realizar ou desenvolver.

    2. Proxecto e realización dunha empresa específica dunha certa envergadura determinando o espazo, o tempo e os recursos. Un programa de investigación oceanográfica.

    3. s m [POLÍT]

      Exposición dos propósitos políticos dunha persoa, un grupo ou un partido político.

  1. s m
    1. Relación ordenada das distintas partes dun acto ou espectáculo.

    2. Escrito ou impreso explicativo dun acto ou espectáculo.

  2. s m [ESPECT/COMUN]
    1. Elenco dos espectáculos e emisións de radio ou televisión, que se presentan nun momento ou período determinado ou en relación a unha iniciativa determinada.

    2. Cada unha das unidades temáticas independentes que emite unha cadea de radio ou televisión.

  3. s m

    Conxunto de temas que constitúen a materia dun curso ou exame.

  4. s m [TECNOL]

    Conxunto de operacións que, de forma ordenada, realizan algunas máquinas.

  5. [INFORM]
    1. s m

      Conxunto de instrucións codificadas e datos que se introducen nun ordenador para a resolución dun problema determinado.

    2. s m

      software.

    3. programa de control de tarefas

      Programa de servizo que realiza a distribución dos recursos dos que teñen que dispoñer as diferentes tarefas ou pasos das tarefas e supervisa o seu encadeamento.

    4. programa de diagnose

      Programa que serve para localizar fallos do equipo ou erros humanos presentes nun programa.

    5. programa de servizo

      Programa, normalmente integrado no sistema operativo, que facilita unha parte das tarefas a outros programas.

  6. música de programa [MÚS]

    Música inspirada en elementos non musicais, como argumentos literarios, temas pitóricos ou fenómenos da natureza, que foi cultivada no poema sinfónico por autores como Berlioz, Liszt ou R. Strauss.