autoacendido

autoacendido

(

s m [TECNOL]

Nos motores de explosión, combustión anormal consistente no acendido espontáneo e fóra de tempo dunha parte da mestura carburante comprimida no cilindro ou, excepcionalmente, de toda a mestura. Este fenómeno orixínase porque durante o acendido normal da mestura combustible, a fronte da chama que avanza progresivamente cara ao interior da cámara fai que a mestura aínda non acesa se acenda total e instantaneamente antes do previsto, fenómeno coñecido como detonación.

Palabras veciñas

1 auto | 2 auto | auto- | autoacendido | autoacusación | autoadhesivo -va | autoaglomeración