auxotrofia

auxotrofia
  1. s f [FISIOL]

    Incapacidade de certos organismos para elaborar vitaminas mediante transformacións metabólicas a partir de factores previtamínicos previamente obtidos do medio. É corrente en moitas bacterias.

  2. s f [FISIOL]

    Sistema de nutrición de certos vexetais no que o desenvolvemento só se produce coa incorporación de factores de crecemento en forma disolta.

Palabras veciñas

auxóspora | auxosporulación | auxotónico -ca | auxotrofia | auxotrófico -ca | auxótrofo | Auz