Avalokiteśvara
Avalokiteśvara
Bodhisattva do budismo mahāyāna. Foi orixinariamente un personaxe masculino dotado dunha sákti (Tārā) cunha multitude de manifestacións de significado metafísico. En China, sen embargo, onde é o bodhisattva máis popular e onde, como no Xapón, figura asociado ao culto de Amitābha, algunhas das súas representacións presentan trazos lixeiramente femininos. A súa sede na China é a illa de Putuo, preto de Ningho.