Avati, Pupi

Avati, Pupi

Realizador cinematográfico italiano, músico de jazz e xornalista. O seu cine está cheo de imaxes fantásticas, a medio camiño entre a poesía, o melodrama e o erotismo. Dirixiu, entre outras, as películas Balsamus, l´uomo di Satana (Bálsamo, o home de Satán, 1968), Bordella (1975), Noi tre (Nós os tres, 1984), Storia di ragazzi e di ragazze (Historia de rapaces e rapazas, 1988) e Dichiarazoni d´amore (Declaracións de amor, 1994).

Cronoloxía

  • Nacemento