Avenç, L’

Avenç, L’

Revista fundada en Barcelona por Jaume Massó i Torrents de periodicidade quincenal ou mensual en dúas épocas (1881-1884 e 1889-1893). Destacou por un espírito innovador, crítico e de reivindicación nacionalista. Difusora do Positivismo do s XIX, dedicou unha atención preferente ao mundo artístico e defendeu o incipiente Naturalismo. No 1893 converteuse nunha revista polémica, nacionalista e anarquizante, introdutora da vangarda europea e vehículo do nacente Modernismo.