Aversa

Aversa

Cidade da provincia de Caserta, na Campania, Italia (54.594 h [1996]). Foi a sede do condado de Aversa, primeira posesión dos normandos en Italia, creado no 1030 polo conde Serxio IV de Nápoles, a favor do cabaleiro Rainulfo Drengot. En 1062 formou parte do principado de Capua. En 1156 foi incorporado á coroa. En 1445 Afonso V de Aragón o Magnánimo outorgou o condado a Nicolao de Proixida, pero foi vendido polo seu fillo Xoán Francisco. Despois foi residencia dos Anjou.