Avery, Tex

Avery, Tex

Realizador cinematográfico norteamericano especialista en debuxos animados. Traballou nas grandes compañías americanas do cine, na Universal, na Warner e na MGM. Está considerado como un dos grandes xenios de Hollywood. A súa filmografía encóntrase entre as máis extensas do cine americano, principalmente a realización de curtametraxes de debuxos animados. Nelas, os seus personaxes defórmanse e adquiren dimensións incribles, nunha serie de escenas ás que non lle falta ningún detalle e nas que non sobra absolutamente nada. Dirixiu, entre outras moitas curtametraxes, Elmer the great dame (Elmer a gran dama, 1935), Plane Dippy (O plátano tolo, 1936), Red hot riding hood (A carapucha vermella, 1943), Swing shift cinderella (O desprazamento da Cenicienta, 1945), Little rural riding hood (A pequena carapucha da aldea, 1949), The magical maestro (O mestre máxico, 1952), The house of tomorrow (A casa do futuro, 1949), The car of tomorrow (O coche do futuro, 1951), TV of tomorrow (A televisión do futuro, 1953), The legend of Rockabye point (A lenda do cabo Rockabye, 1955) e Cat´s meow (A miada do gato, 1956).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso