avezar

avezar

(< lat vitĭu ‘defecto’)

  1. v t

    Facer que alguén adquira un costume.

    Ex: Avezáronnos a rezar todas as mañás antes de entrar en clase.

    Sinónimos: acostumar, afacer, habituar. Antónimos: desavezar. Confrontacións: facer.
  2. v t

    Facer que alguén aprenda unha determinada arte, unha técnica ou a usar algunha cousa.

    Ex: Aveceino para que traballase ben nas terras de cultivo.

    Sinónimos: adestrar, instruír. Antónimos: desavezar.
  3. v t

    Afacer a algúen a que deixe de considerar estraña ou molesta algunha persoa ou cousa.

    Ex: Hai que avezalo á nova casa para que non lle pareza un lugar descoñecido.

    Sinónimos: acostumar, afacer, familiarizar, habituar. Antónimos: desavezar.
  4. v pron

    Adquirir un determinado hábito ou costume.

    Ex: Avezouse a facer a cama todos os días de mañá.

  5. v pron

    Practicar algunha cousa para adquirir destreza con ela.

    Ex: Aveceime no emprego do bolígrafo coa man esquerda.

  6. v pron

    Conseguir que algunha cousa non resulte molesta ou estraña.

    Ex: O rapaz avezouse ós seus novos pais sen necesidade dun psicólogo.

Palabras veciñas

avetoallas | Aveyron | avezado -da | avezar | Avezzana, Giuseppe | AVI | Avià
Conxugar
VERBO avezar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezo
avezas
aveza
avezamos
avezades
avezan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezaba
avezabas
avezaba
avezabamos
avezabades
avezaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avecei
avezaches
avezou
avezamos
avezastes
avezaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezara
avezaras
avezara
avezaramos
avezarades
avezaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezarei
avezarás
avezará
avezaremos
avezaredes
avezarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezaría
avezarías
avezaría
avezariamos
avezariades
avezarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avece
aveces
avece
avecemos
avecedes
avecen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezase
avezases
avezase
avezasemos
avezasedes
avezasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezar
avezares
avezar
avezarmos
avezardes
avezaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aveza
-
-
avezade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
avezar
avezares
avezar
avezarmos
avezardes
avezaren
Xerundio avezando
Participio avezado
avezada
avezados
avezadas