Avia

Avia

Publicación escolar editada en Ribadavia en decembro de 1955 que cesou probablemente en 1957. Subtitulábase “Boletín informativo del Centro de Enseñanza Media y profesional de Ribadavia”. Dirixido por María Pérez López, contaba coas seguintes seccións: “Noticias del Centro”, “Frente de Juventudes” e “Legislación Laboral”. Realizado por profesores, o seu enfoque era educativo e cultural, con fotografías nalgúns dos seus textos.