Avisador Santiagués, El

Avisador Santiagués, El

Semanario editado en Santiago o 16 de marzo de 1846, que cesou o 5 de xullo dese mesmo ano. Foi subtitulado “Periódico de recreo y utilidad universal” e contaba coas seccións: “Parte Oficial”, “Santorum”, “Bibliografía”, “Variedades”, “La Publicidad” e “La Armonía”. Nelas trataba informacións da cidade, incluía artigos de literatura, biografías e novas de sociedade.