Ayamonte
Ayamonte
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na desembocadura do Guadiana, na fronteira con Portugal (17.566 h [1996]). Nesta altura o Guadiana é navegable, feito polo que ten un porto con peiraos comerciais e pesqueiros, que acolle unha das flotas máis importantes de Andalucía. Tamén é centro do mercado agrícola local e posúe industrias de conservas de peixe.