Ayer, Alfred Julius
Filósofo e estudoso da Lóxica. A súa obra de xuventude Language, Truth and Logic (Linguaxe, verdade e lóxica, 1936, revisada no 1940), é unha síntese do neopositivismo lóxico anglosaxón que insiste no principio de que o significado dunha proposición reside na súa verificación, e no rexeitamento de toda proposición metafísica por inverificable. De entre as súas obras posteriores destacan The Foundations of Empirical Knowledge (Os fundamentos do coñecemento empírico, 1940), The Problem of Knowledge (O problema do coñecemento, 1956), Concept of a Person (O concepto de persoa, 1963), The Central Questions of Philosophy (As cuestións centrais da Filosofía, 1973), Perception and Identity (Percepción e identidade, 1979) e Philosophy in the 20th Century (Filosofía do século XX, 1982). Foi un membro destacado do grupo de Oxford.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso