Azych
Azych
Xacemento en cova acerbaixano que destaca pola súa secuencia estratigráfica (preto de 14 metros) e a riqueza dos restos faunísticos e da industria lítica. Púidose identificar na cova unha sucesión cultural que se iniciou no Acheulense antigo (ben representado con bifaces e útiles sobre lasca) e medio, proseguiu no Musterense antigo (representado por numerosos denticulados e bifaces de tradición acheulense) e concluíu na Idade do Bronce. Deste xacemento procede unha mandíbula de Homo erectus evolucionado.