Babenco, Héctor
Babenco, Héctor
Realizador cinematográfico brasileiro de orixe arxentina. Estivo ás ordes de Corbuci e Camus dos que aprendeu moitas das súas técnicas. O seu primeiro éxito foi Pixote, a lei do mais fraco (1980) ao que seguiu O beijo da mulher aranha (1984), co que se deu a coñecer en todo o mundo. Outros filmes dirixidos por Babenco son O rei da noite (1975) e At play in the fields of the lord (Xogando nos campos do señor, 1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Falecemento
Lugar : São Paulo