Asociación de Señoras de Beneficencia de Santiago

Asociación de Señoras de Beneficencia de Santiago

Organización de carácter benéfico constituída en 1891 en Santiago de Compostela por iniciativa da Condesa viúva de Taboada. Foi a sucesora dunha experiencia similar en 1855. Os seus obxectivos principais foron a vixilancia da roupa, alimentos e sanidade dos establecementos benéficos da cidade, fundamentalmente do Hospicio. As donas da alta sociedade compostelá controlaban a súa xestión.