Asociación Internacional de Críticos de Arte
Asociación Internacional de Críticos de Arte
Nome científico:
[AICA]
Fundada en 1949 como resultado dos congresos internacionais de crítica de arte. É membro consultivo da UNESCO desde 1951. Acolle profesionais da crítica, a historiografía, o tratadismo e a organización de exposicións de máis de oitenta países de todo o mundo. Entre os seus obxectivos está o de desenvolver unha cooperación internacional, a defensa profesional dos seus membros, a procura de novas metodoloxías e o intercambio de información. Anualmente celebra unha asemblea e un congreso nun país diferente.