Balch, Emily Greene
Balch, Emily Greene
Educadora e líder feminista. Catedrática de Economía Política e Ciencias Sociais do Wellesley College, redactora do xornal The Nation de Nova York, delegada do Primeiro Congreso Feminino da Haia e secretaria da Liga Feminina Internacional pro Paz e Liberdade (1919-1922), en 1946 obtivo o premio Nobel da Paz xuntamente con John R. Mott. Escribiu Our slavic fellow citizens (Os nosos compatriotas eslavos, 1910) e Approaches to the great settlement (Aproximación aos grandes centros sociais, 1918).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Jamaica Plain, Massachussets -
Deceso
Lugar : Cambridge, Massachussets