balcón
(< xerm balko ‘trabe’)
-
s
m
Abertura da altura dunha porta, ou aínda máis alta, practicada na parede dun edificio para iluminar e ventilar o interior. Posto que non ten peitoril, protéxese cunha varanda, situada a ras da parede ou na laxe saínte que moitas veces está colocada diante do balcón. Desde que comezou a ser utilizado, no Renacemento tardío, a importancia acadada polo balcón na arquitectura do Barroco, no s XVII, foi ligada á súa misión de lugar para presenciar espectáculos, especialmente as procesións, que percorrían as rúas, e tamén outras manifestacións cidadás, como as representacións teatrais. Os actuais palcos dos teatros son unha evolución destes balcóns. Estes convertéronse, por outra banda, nas partes principais das fachadas; a miúdo presentaban notables varandas de ferro forxado. Nas grandes solemnidades eran adornados con colgaduras e convertéronse nunha manifestación exterior do lucimento das habitacións das casas. A grande importancia acadada polo balcón na arquitectura burguesa non racionalista dos ss XIX e XX obedecía sobre todo a motivos exhibicionistas, aínda que a súa función de tribuna continuou vixente. Nos pazos galegos o balcón pode aparecer en calquera das frontes do edificio e péchase con balaústres de pedra ou ferro, e, ás veces de madeira.
Confrontacións: palco, solaina, balaustrada. -
s
m
Conxunto de laxe de saínte e varanda que xeralmente se atopa na parte posterior dos balcóns.