baleeiro -ra

baleeiro -ra

(< balea < lat ballaena)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á balea ou á súa pesca.

  2. s m

    Persoa que se dedica á pesca da balea.

    Ex: Os baleeiros avistaban as pezas antes de lanzarlles os arpóns.

  3. [MAR]
    1. s m

      Barco medieval de forma alongada e baixo de banda, semellante a unha balea, empregado como barco mercante e para actividades de piratería.

    2. s m

      Barco construído ou adaptado para a pesca da balea. O primeiro construíuse no s XV. Era unha especie de barco dunhas 400 toneladas, cun casco moi resistente, que era capaz de cargar ata un total de sete baleas. Coa invención do canón lanzaarpóns xa se pode distinguir entre o barco-factoría e o baleeiro, o que provocou a desaparición do segundo. Na actualidade, os baleeiros teñen como única finalidade a de arponar a balea.

  4. s f [MAR]

    Embarcación menor que ten a popa tan afiada como a proa, propulsada a remo ou a vela, e neste último caso adoitaba aparellar velas ao tercio. Ao principio, e ata finais do século XIX, utilizouse para pescar baleas, pero na actualidade utilízase como embarcación auxiliar.

Palabras veciñas

baleato | Baleato | Baleeira | baleeiro -ra | balega | baleigán -na | Baleira