baleirado

baleirado

(< ár batil)

  1. p reg

    de baleirar.

  2. s m

    Acción e efecto de baleirar.

    Ex: O baleirado deste cuarto levou moito tempo.

  3. s m [ARTE]

    Procedemento para a reprodución de esculturas ou relevos consistente en aplicar ao modelo xeso, escaiola, xelatina, silicona, etc, esperando a que endureza. Conséguese así un molde que permitirá obter copias do orixinal botando unha coada no seu interior.

  4. baleirado de memoria [INFORM]

    Operación que consiste en facer imprimir parte ou a totalidade do contido dunha memoria coa finalidade de comprobar un programa e, eventualmente, poder corrixir os erros, ou mesmo como medida de precaución, para preservalos dun posible mal funcionamento da máquina.

Palabras veciñas

balega | baleigán -na | Baleira | baleirado | baleirador -ra | baleirar | baleirar