Balfour, Arthur James
Político conservador británico. Reprimiu duramente o nacionalismo irlandés durante a súa etapa como secretario para Irlanda (1887-1891). Posteriormente, cando asumiu o goberno entre 1902 e 1905, reformou a instrución pública e a reorganización e potenciación do exército. Debido á cuestión do libre cambio, que dividiu o partido, perdeu as eleccións de 1906, o que lle levou a presentar a súa dimisión da dirección do partido en 1911. Foi lord do almirantado (1915) e ministro de Asuntos Exteriores (1916-1919), publicou a chamada declaración de Balfour (1917) e asinou o Tratado de Versalles (1919). En 1920 representou o seu país na Sociedade de Nacións e en 1921 foi o delegado británico na Conferencia de Washington. Foi presidente do Consello (1925-1929), defendeu o concepto de dominio e foi o artífice do Estatuto de Westmister (1931). Concedéronlle o título de conde de Balfour e o de vizconde Traprain de Whittingehame (1922). Entre os seus escritos destacan The foundations of belief (Fundamentos da crenza, 1895), Theism and thougth (Teísmo e pensamento, 1913), Theism and humanism (Teísmo e humanismo, 1915) e Essays, speculative and political (Ensaios, especulación e política, 1920).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Whittingehame, Lothian Oriental -
Deceso
Lugar : Woking, Surrey