balista
balista
(
s
f
[HIST]
Artefacto militar de grandes dimensións, utilizado polos gregos e polos romanos nos asedios. Lanzaba proxectís pesados e o seu mecanismo, semellante ao da bésta, está baseado no aproveitamento da enerxía potencial dun xogo de cordas ou de fibras animais amarradas a un bastidor e tensadas por un torno. A balista tiña un alcance mínimo de 100 m e un máximo de 500 m. Xeralmente o artefacto ía montado, en posición inclinada, sobre un tipo de caixa de fusil ou caixa fixa sobre unha plataforma móbil. No seu manexo interviñan once especialistas chamados balistaris.