balistita
balistita
(
s
f
[QUÍM/IND]
Pólvora sen fume constituída por nitroglicerina e nitrocelulosa en partes aproximadamente iguais. É moi corrosiva e por este motivo adquiriu un uso restrinxido en armas de alma curta, do tipo dos obuses e os morteiros. Tamén se utiliza, con aditivos, como propergol sólido, para algúns foguetes de pequenas dimensións. Foi descuberta por Nobel no ano 1888.