ballet de cour*
ballet de cour*
[MÚS/ESPECT]
Diversión cortesá, mestura de canto e danza, de diálogos e música instrumental, en forma de espectáculo de acción dramática continuada, no que interveñen os nobres e mais os reis, e que estivo de moda en Francia nos ss XVI e XVII. Le Paradis d’amour (O Paraíso do amor, 1575) e o Ballet comique de la Reine (Ballet cómico da Raíña, 1581) foron os primeiros intentos de ballet de cour, mentres que o Ballet d’Alcine (Ballet de Alcine, 1610) e o Ballet de la délivrance de Renaud (Ballet da liberación de Renaud, 1617), máis evolucionados, xa foron antecedentes da ópera, como tamén o foron, posteriormente, o Ballet de la Nuit (Ballet da noite, 1653) e o Ballet du Temps (Ballet do tempo, 1654), creados coa participación de Lully.