Balsera

Balsera
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe asturiana procedente do lugar de Balsera (Oviedo). Esta caste leva como armas: en campo de ouro, un castelo de goles no flanco sinistro, asentado nun val de sinople, ao pé dun cordal branco elevado; diante do castelo e cara ao flanco destro, un piñeiro de sinople cun lebreiro atado ao seu tronco e unha lanza de sable apoiada na mesma árbore, pasando por riba do corpo do animal. Para a rama galega deste apelido recóllese a variante: en campo de ouro, un castelo de pedra ao pé dun monte de prata e, diante del, un piñeiro ao natural arrincado ao que está atado un lebreiro pola metade do seu corpo cunha cadea de ferro, empinado ao tronco, e unha lanza de sable apoiada tamén ao tronco, polo lado destro.