Baltar Tojo, Alberto

Baltar Tojo, Alberto

Arquitecto. Formouse na Escola de Arquitectura de Madrid e na de Barcelona. Dende mediados dos anos sesenta asentouse en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional colaborando con destacados arquitectos como Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido. Compartiu o espírito de renovación dos arquitectos da súa xeración. Entre as súas obras destacan o Centro Médico Povisa (Vigo), a rehabilitación de San Caetano, os edificios de Freiremar, Galiciamar e Iberconsa, os centros da Terceira Idade do Carballiño e A Estrada, e o colexio Rosalía de Castro (Vigo). Foi vogal do Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e un dos fundadores do Colexio de Arquitectos de Galicia. Así mesmo, presidiu Sigalsa e foi vogal da Comisión Superior de Urbanismo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Falecemento

    Lugar : Vigo