baluchi
(< topónimo Baluchistán)
-
adx
Relativo ou pertencente aos baluchis ou á súa lingua.
-
s
Individuo do pobo baluchi.
-
s
m
[ETN]
Pobo de lingua iraniana que habita dende os ss XII-XIII o Baluchistán (en especial a parte oriental, pertencente ao Paquistán) e a zona sur do Afganistán. Os baluchis (uns 3.150.000 individuos) son do grupo humano índico, aínda que acusan influencias árabes e turcas. A súa actividade económica baséase, principalmente, na gandería transhumante. Divídense en tribos patriarcais. Viven en típicas cabanas en forma de media bota. A relixión tradicional deste pobo é a islámica, sendo maioritariamente sunnitas.
-
s
m
[LING]
Lingua asiática que pertence ao grupo iraniano occidental. Fálana máis de 3.000.000 de persoas en Afganistán, Paquistán, Irán e Bangladesh, entre outros lugares.
-
literatura baluchi
[LIT]
Literatura islámica en lingua baluchi. Desde o século XV existe unha literatura de transmisión oral e unha balada épico-lírica dos amantes Dōstēn e Šīrēn. Na segunda metade do século XVII destacou en poesía Ǧām Darrak. Na actualidade continúase cultivando a literatura baluchi con poemas didáctico-relixiosos que imitan os da literatura persa.