Banda Oriental
Banda Oriental
Denominación que se lle deu, ata a época das loitas pola independencia no Río da Prata, ao territorio situado na beira esquerda do río Uruguai; ao N a súa fronteira variou segundo as vicisitudes da conquista portuguesa. Despois de formar parte das Provincias Unidas do Río da Prata como Provincia Oriental e de ser anexionado sucesivamente a Portugal e Brasil co nome de Provincia Cisplatina, constituíu a República Oriental do Uruguai, independente dende 1825.