banjo*
banjo*
s
m
[MÚS]
Instrumento da familia dos laúdes, sen cordal; pode ter 4, 5, 6 ou 9 cordas, e ten o mango longo, coma a guitarra; consta dunha caixa circular cuberta con pel, coma o tambor. Faise soar cos dedos ou por medio dun plectro. A súa orixe é afroamericana, foi moi usado polos primeiros conxuntos de jazz de Nova Orleáns. Este termo de orixe inglesa procede da forma bandore e esta probablemente do español bandurria.
Ex: O outro día nunha festa, un rapaz púxose a tocar o banjo cunha enorme soltura.
Citas
- O outro día nunha festa, un rapaz púxose a tocar o banjo cunha enorme soltura.