Banská Bystrica

Banská Bystrica

Capital do kraje homónimo, no centro de Eslovaquia, á beira do río Hron (84.816 h [1998]). Foi fundada no s XII, co nome de Neusohl, por colonos alemáns procedentes de Turinxia. Arrasada polos mongois ao redor do 1243 e reconstruída pouco despois por Bela IV de Hungría, a cidade foi, dende o s XIII e ata o XV, a residencia preferida polos soberanos húngaros. Durante a Guerra dos Trinta Anos e a Guerra de Independencia de Hungría (1848-1849) foi moi castigada. Durante a Segunda Guerra Mundial resistiuse á invasión nazi.