Banyeres de Mariola

Banyeres de Mariola

Municipio da provincia de Alacant (Comunitat Valenciana), na comarca de Alcoi, situado na vertente oriental da serra de Mariola (7.056 h [1996]). Está drenado polo río Vinalopó, no que desaugan o Marjal e o rego de Pinarets. Cultívanse hortalizas, cereais, forraxe e froitas, sobre todo maceiras. O secaño, sen embargo, é o que predomina (90% dos cultivos), destacando as producións de cereais, froiteiras e oliveiras. A industria ocupa o 65% da poboación activa municipal, ao localizarse no seu termo moitas empresas favorecidas pola proximidade do núcleo alcoiano. Os principais subsectores industriais son o téxtil e o papel. A poboación experimentou un incremento dende as últimas décadas e ten un crecemento vexetativo positivo. No interior da vila consérvanse os restos do antigo castelo de Banyeres. Aos pés dese castelo atopábase a antiga igrexa parroquial, gótica, substituída no s XVIII pola nova igrexa de Santa Maria.