Bao
Bao
Río da conca cantábrica, afluente do Ouro pola esquerda. Nace na vertente oriental da serra do Xistral, no lugar da Casela, na parroquia e concello do Valadouro. Percorre a parroquia en sentido NO-SL, recibindo o seu principal tributario, o Rego do Penido Novo, que baixa dende o pico homónimo, situado na liña axial dos cumios do Xistral. De seguida penetra na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, onde desemboca no lugar de Santa Mariña.