Bao
-
[ONOM]
ariante gráfica de Vao, apelido de orixe toponímica que remite ao topónimo Vao, voz procedente do latín vadu ‘lugar pouco profundo polo que pode atravesar unha corrente de auga’. Así que, aínda que etimoloxicamente este apelido debería levar a grafía v-, a miúdo adoita aparecer cun b- non etimolóxico.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana oriúnda de Villavaler que se espallou por toda Galicia. As súas armas levan escudo partido: a primeira partición, en campo de azul, cun castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, e dous leóns de ouro empinados aos seus muros e, saíndo da homenaxe do castelo, dúas cintas, tamén de prata, unha a cada lado, con cadansúa chave de ouro pendurada; a segunda partición, en campo de goles, con nove besantes de ouro, ordenados en tres paos e colocados de dous en dous e un de non. Algúns tratadistas recollen para a rama galega un escudo partido moi semellante: a primeira partición, en campo de azul, cunha torre de prata aclarada de sable sobre ondas de azul e prata e, saíndo das súas ameas, dúas cintas tamén de prata, unha a cada lado, con cadansúa chave do mesmo metal; a segunda partición, en campo de goles, con nove besantes de prata, colocados en tres paos, de tres cada un.