Barallobre

Barallobre
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar, localizado en terras de Betanzos, Friol ou Fene, semella ser unha formación híbrida composta polo latín varalia ‘sebe feita de varas’ máis a terminación de orixe celta -obre, procedente do céltico -brix ~ -bris ‘altura, monte’.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Sánchez Barallobre.