barba

barba

(< lat barba)

  1. s f

    Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior. SIN: barbadela, queixelo, 2queixo,

  2. s f

    No home adulto, pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior.

  3. s f pl

    Conxunto de raíces delgadas dunha planta.

  4. s f pl

    Pequenas labras metálicas que se orixinan cun punzón unha prancha metálica.

  5. s f [GRÁF]

    Cresta de metal que en calcografía é característica dos gravados a punta seca e a talla doce ou buril.

  6. s f [IND]

    Bordo irregular da folla de papel fabricada a man, producido polo sobrante de pasta que se introduce entre a forma e o marco da forma ( papel de barba).

  7. s f [IND]

    Balor que aparece na superficie do soro lácteo uns cantos días despois de ter fervido.

  8. s f pl [MAR]

    Nunha linguaxe propiamente mariñeira, nomea ás herbas e algas que se adhiren ao casco do barco. Son un grave inconveniente, xa que frean a embarcación. O único xeito de evitalas é limpando frecuentemente a carena do buque.

  9. s f [MAR]

    Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.

  10. s f [ORNIT]

    Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.

  11. s f [PINT]
    1. Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.

    2. Acumulación de recubrimentos pitóricos (capas de preparación, de pintura, de verniz, etc) formada trala moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa. Estes elementos engaden información sobre a técnica empregada polo artista.

  12. s f [TEATR]

    Actor que fai os papeis de vello.

  13. s f [TECNOL]

    Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.

  14. s f [TÉXT]
    1. Defecto consistente na ruptura dun ou máis cabos de mecha ou de fío, nas máquinas de fiadura, no urdidor, etc.

    2. Defecto de estampación consistente nun desbordamento da cor por non estar ben axustada a rasqueta da máquina de estampar.

    3. Cantidade de mecha ou fío enrolado nas bobinas, cando están cheas, que se produce na fiadura do liño, o cánabo, etc.

    4. Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.

  15. s f [ZOOL]
    1. Pelo ou apéndice carnoso que teñen algúns animais, de xeito que o seu conxunto é comparable á barba do home pola súa posición. SIN: barbuxa, beche.

      Ex: A barba da cabra, dun peixe.

      Sinónimos: barbuxa, beche.
    2. Cada unha das láminas córneas que os cetáceos misticetos (baleas e rorcuais) teñen implantadas transversalmente no padal e que empregan como filtro para reter o plancto do que se alimentan. As súas dimensións e o seu número por individuo (varios centenares) varían segundo as especies.

  16. barbas de fundición

    Restos de metal que quedan nos bordos dalgunhas pezas despois da súa fundición en molde.

  17. barbas de gato [MAR]

    Fondear con dúas áncoras, de xeito tal que as cadeas formen un ángulo en V, coa bisectriz orientada cara á dirección do vento dominante.

  18. barbas de raposo [PLANTA]

    gorga.

Refráns

  • A barba do home, se o gaña, tamén o come.
  • Barba a barba, honra se cata.
  • Barba de tres cores, barba de traidores.
  • Barba pon mesa e non pema tesa.
  • Barba remollada, medio rapada.
  • Barba ruiba, vento anuncia.
  • Barbas que son parellas non gardan ben as ovellas.
  • De tal barba, tal maña.
  • Dúas barbas parellas mal gardan ovellas.
  • Home barbudo, home forzudo.
  • Home de barba roiba, cargue con el quen queira e quen poida.
  • O forzudo ten que ser barbudo.
  • Para ser forzudo, hai que ser barbudo.
  • Se sae con barbas, san Antón e, se non, a Purísima Concepción.
  • ¡Deus me garde de home mal barbado e de lobo esfameado!
  • ¡Deus te garde do mozo, cando lle apunta o bozo!