barbarie
(< bárbaro)
-
s
f
[HIST/ANTROPCULT]
Estado do que é bárbaro, que presenta inferioridade ou falta de civilización. O concepto de barbarie (ou o seu afín pobo bárbaro) foi introducido por Llewis H. Morgan no seu estudio Ancient Society (A sociedade antiga, 1877). Segundo el, o estado de barbarie era unha fase intermedia entre o estado salvaxe e o estado civilizado; na barbarie o home domina xa unhas técnicas elementais: fai lume, domestica animais, constrúe edificios rudimentarios, etc. Este esquema, desenvolvido por Engels, sobre todo en Ursprung der Familie, des Privateigentums und des Staates (A orixe da familia, da propiedade privada e do estado, 1884), foi seguido no s XX por científicos como Gordon Childe no seu ensaio Social Evolution (A evolución social, 1951). A connotación pexorativa deste termo explica que a Antropoloxía e a Socioloxía estiveran relegadas.
-
s
f
Brutalidade ou crueldade extrema. SIN: bestialidade, salvaxismo.
Ex: Protesta contra o toureo porque o considera unha barbarie.
-
s
f
Carencia de cultura, modais, instrución, etc. SIN: incultura, rusticidade.