barbarismo
(
-
s
m
[LING]
icio da linguaxe que consiste en pronunciar ou escribir mal as palabras (faltas de ortografía, acentuacións incorrectas, derivacións erróneas, etc), por exemplo, o uso do verbo explosionar (un artefacto) no canto da voz estoupar; ou mesmo pode consistir no emprego dun termo cun significado ou uso que non ten (deformado, inventado, etc), como pode ser a utilización do termo fallo co significado de ‘sentencia’ ou ‘veredito’ dun xurado, etc.
-
s
m
[LING]
Palabra ou expresión tomada ou adaptada dunha lingua estranxeira. Cando o estranxerismo foi asimilado e adaptado ao sistema da lingua, adoita tomar o nome de préstamo lingüístico. O uso do termo barbarismo e a distinción do de préstamo non son claramente satisfactorios dende un punto de vista lingüístico. En calquera caso, trátase de fenómenos que deben ser considerados dentro da óptica máis ampla da interferencia lingüística.