barbeito
(< lat vervāctu ‘terra
-
s
m
Terra de labranza que non se sementa durante un ano para que descanse.
Ex: Temos que botar millo nestas veigas pois a máis grande está en barbeito.
Confrontacións: poula. -
s
m
Terreo de secaño que, dependendo da zona xeográfica de Galica, está destinada ao cultivo de centeo, trigo, millo e patacas.
-
s
m
Terra de labranza que está destinada cada ano a un cultivo diferente.
Ex: Deixou a barbeito a leira que está á beira do río.
-
s
m
Terra que xa non está cultivada.
-
s
m
[AGR]
Sistema agrícola que consiste en alternar nas parcelas de labradío o cultivo con períodos de descanso. Se o tempo de descanso transcorrido dende a última colleita é de polo menos un ano, trátase dun barbeito completo e se son 6 meses dun semibarbeito. O obxectivo do barbeito é restablecer a fertilidade da terra: levantando e removendo o terreo na procura de rachar a súa tona superficial, soterrando os restrollos da colleita anterior, e deixando así o chan nas mellores condicións para recibir a chuvia. Os primeiros indicios desta técnica agrícola en Galicia son moi difíciles de datar. A alternancia de cultivos e descanso do labradío, foi habitual durante a época romana, sueva, visigoda e, en xeral, durante a Idade Media. En Galicia, a alternancia centeo-barbeito estaba menos xeneralizada que a agricultura de rozas ou estivadas. O cultivo dunha mesma parcela podíase realizar durante dous ou tres anos, despois abandonábase para que o terreo e a vexetación se recuperasen. Este período de rexeneración variaba entre 6 e 20 anos, dependendo a duración deste descanso máis da presión demográfica e da necesidade de terra que de calquera outra situación. No transcurso do s XVI, tanto no Reino de Castela como no de Aragón, as terras esgotáronse debido ás continuas colleitas que o pulo demográfico requiría. Modificouse a rotación de cultivos, reducindo os períodos de descanso: bienal (trigo e barbeito) ou trienal (trigo, restrolleiras para alimento do gando e barbeito). Durante os ss XVII e XVIII produciuse un retraso do crecemento demográfico e dos sectores produtivos. O agro galego non gozou de innovacións técnicas, proseguindo prácticas de cultivo tradicionais. O emprego do barbeito supoñía unha redución considerable da superficie cultivable, debido a que a terra se deixaba descansar cada dous anos (ano e vez) ou tres (a tercio). A finais do s XVIII, experimentouse un aumento da poboación secundado por unha serie de melloras nas técnicas agrícolas e na explotación dos cultivos. Aínda así, a falta de estabulación do gando impediu a produción dun fertilizante suficiente e de calidade que mellorase o rendemento das colleitas e axudase a suprimir o sistema de barbeito (como xa ocorría nalgúns lugares de Inglaterra); sen embargo, esta técnica de cultivo sufriu un lento retroceso en termos xerais. Durante o s XIX a práctica do barbeito quedou reducida a áreas xeográficas máis dispersas, aínda que o sistema persiste na Terra Chá e na Terra de Lugo, onde se empregaba o barbeito sistemático: colleita de cereal de inverno cun descanso de aproximadamente 15 meses. Ao longo do primeiro terzo do s XX, o barbeito foi desaparecendo paulatinamente das estratexias produtivas do labrego galego. Aínda así, entre 1920 e 1930 aínda se practicaba, con escasa incidencia, nalgúns lugares dispersos do sueste do país, mantendo a alternancia (centeo e descanso) durante seis ou oito anos, requerindo despois a terra un longo período de descanso.
-
s
m
[ETN]
Cómaro ou valado que serve de linde entre dúas propiedades.
Frases feitas
-
Ser algunha cousa como arar no barbeito. Ser moi fácil de facer.