Barbín
Barbín
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Quiroga. Segundo conta a tradición, esta casa foi fundada por Fernando Barbín, servidor do Rei don Sancho. Na loita por liberar a cidade de Santiago, arrincoulle a barba a un mouro e, a partir deste acto, recibiu o alcume de Barbín, que acabaría por se converter en apelido. As súas armas levan, en campo de ouro, un brazo armado de sable, movente do flanco sinistro, empuñando unha bandeira de goles coa asta de azul, e na punta do escudo un prado de sinople, cunha cabeza de mouro degolada, con turbante e barbas brancas. Tamén se recolle outro escudo coas mesmas armas pero co brazo da súa cor natural.