Barbosa
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Non está clara a etimoloxía deste topónimo, pois pode tratarse dun derivado a partir da base precéltica *bar ‘depresión, costa, desnivel’ (como en Barbaña, Barbantiño, Barbanza, Barbesa, Barbudo...) ou ser un fitotopónimo que faría referencia á abundancia -actual ou no pasado- de plantas chamadas barba nese mesmo lugar (barbas do raposo, barbas de cuco...); neste caso, o étimo é o latín barba ‘barba’. Como topónimo é moito máis frecuente en Portugal ca no noso territorio, polo que se pensa que procede de terras lusitanas.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Portugal á que pertenceu o conde Nuno de Celanova, sobriño de san Rosendo. Os Barbosa asentáronse en Pontevedra, dende onde se estenderon a toda España. Unha rama pasou mesmo a Italia e outra estableceuse en Colombia. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de azul, cargada de tres crecentes de prata e acompañada de dous leóns rampantes da súa cor natural, unha arriba e outro abaixo.