Barbón
-
[ONOM]
ariante de Valbón e este, á súa vez, do apelido de orixe toponímica Valboa. Este apelido, que xa se documenta dende o s XV, está composto por val (< lat valle) máis o adxectivo boa (< lat bona), que presenta xénero feminino concordando co xénero que val tiña en latín. Non obstante , tanto nesta variante Barbón coma en Valbón, o adxectivo concorda co xénero masculino romance do substantivo. Como adoita acontecer, estes apelidos aparecen grafados con b-, aínda que a súa forma etimolóxica sexa con v.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana natural de Vila Alegre e Molleda (Avilés). Pasou, posteriormente, a Galicia, La Rioja e Cuba. Segundo algúns tratadistas, esta caste procede da familia romana dos Enobardos. As súas armas levan, escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de ouro, cunha panela de sinople; e segundo e terceiro cuartel, de azul, con outra panela de ouro; e bordo de goles con cinco aspas de ouro, dúas nos cantóns do xefe e tres en punta, alternando con tres flores de lis do mesmo metal, postas unha no centro do xefe e outra en cada flanco.