Barbizon, escola de

Barbizon, escola de

Grupo de paisaxistas franceses que traballaron na localidade de Barbizon e no bosque de Fontainebleau a partir de 1845, baixo a guía de Théodore Rousseau (1812-1867). Formaron este grupo Charles Daubigny (1817-1878), Narcisse-Virgile Díaz de la Peña (1807-1876), Jules Dupré (1811-1889), Charles-Émile Jacque (1813-1894), Jean-François Millet (1814-1875) e Constant Troyon (1810-1865). Opostos ao clasicismo da academia de Belas Artes, inspirábanse na pintura holandesa do s XVII e nos paisaxistas ingleses como Constable ou Bonington. Defendían a pintura directa do natural pero a diferenza dos impresionistas só facían ao aire libre os bocexos e os apuntes, as obras eran rematadas no estudio. Prepararon a chegada do Impresionismo.

Palabras veciñas

barbiturato | barbitúrico | barbiturismo | Barbizon, escola de | barbo | Barbón | Barbon, Nicholas