barbitúrico

barbitúrico

(< fr barbiturique)

  1. adx [QUÍM]
    1. Relativo ou pertencente ao radical químico malonilurea, base de numerosos hipnóticos e sedantes do sistema nervioso.

    2. ácido barbitúrico

      Ureido cíclico do ácido malónico. A substitución dos dous átomos de hidróxeno en posición 5 por diversos grupos dá lugar a toda unha gama de produtos farmacéuticos. Emprégase tamén como catalizador de polimerización e na industria de colorantes.

  2. s m [QUÍM]

    Calquera derivado do ácido barbitúrico, especialmente os que teñen uso clínico ou farmacéutico.

Palabras veciñas

barbirroibo | barbital | barbiturato | barbitúrico | barbiturismo | Barbizon, escola de | barbo