Barbuda

Barbuda

Illa das Pequenas Antillas, tamén coñecidas como illas Leward, no estado de Antiga e Barbuda (160,5 km2). A poboación está formada por persoas de raza negra e de relixión protestante, que falan un crioulo inglés. A illa foi unha propiedade privada ata o ano 1872; despois formou parte, xunto coas illas de Antiga e Redonda, de Antiga, estado asociado ao Reino Unido. Dende o ano 1981 pertence ao estado independente de Antiga e Barbuda.