Bárcena, Santa María de

Bárcena, Santa María de

Mosteiro que estivo situado no concello do Covelo. As testemuñas máis antigas son dous documentos de 1155 polos que Afonso VII facía diferentes doazóns á comunidade monástica. Non se sabe con certeza se se trataba dunha comunidade independente da de Melón, ou se esta tivo o seu primeiro asentamento no lugar de Bárcena para logo trasladarse a Melón.

Palabras veciñas

Bárcena, Dorotea | Bárcena, Gonzalo de la | Bárcena, Pedro de la | Bárcena, Santa María de | Barcés | 1 barcia | Barcia