Barcés

Barcés

Río que é o principal afluente do Mero, ao que se une no encoro de Cecebre. Nace nos montes do Xalo, a 360 m de altitude, na parroquia das Encrobas (concello de Cerceda), ao N da Central Térmica de Meirama. Asentado sobre unha litoloxía dominada polos xistos da serie de Ordes, adopta un curso de dirección SO-NL e penetra no concello de Carral pola parroquia de Sumio. Continúa polas parroquias de Beira e Quembre, introducíndose no concello de Abegondo pola parroquia de Sarandóns. A partir de aí serve de límite municipal entre Abegondo e Carral ata a súa desembocadura no encoro de Cecebre, (entre as parroquias de Mabegondo e Vigo, respectivamente) ao que achega un caudal medio de 1,966 m3/s. Durante todo o seu curso cobre o seu leito con amplos depósitos aluviais.