Bardina i Castarà, Joan
Pedagogo e escritor. Partidario da reforma da educación, fundou a Escola de Mestres, e foi profesor de Pedagoxía nos Estudis Universitaris Catalans (1907). Dirixiu a Revista Catalana d´Educación (1909). Fundou a Institución Spencer (1911), onde se traballaba cos avances pedagóxicos máis modernos. No ano 1917 decidiu ir a Bolivia, onde foi nomeado director xeral de Instrución Superior de la Paz, pero no 1918 marchou a Chile por desavinzas políticas. Alí traballou na organización escolar e exerceu cargos oficiais. Dirixiu diversas publicacións latinoamericanas e foi profesor de Dereito do Traballo na Universidade de Santiago de Chile e na Escola de Dereito de Valparaíso (1928-1950). Publicou a Gramàtica pedagògica da llengüa catalana (1907) e Memòries de l’Escola de Mestres (cursos 1906-1907 e 1907-1908).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sant Boi de Llobregat -
Deceso
Lugar : Valparaíso