Bardoso
Bardoso
Río afluente pola dereita do Rosende, da conca do Anllóns. Nace a 480 m de altitude no lugar das Chousas, na parroquia de Montemaior (concello da Laracha). Adopta un curso de dirección L-O e penetra no concello de Carballo pola parroquia de Sofán, onde recibe ao seu principal tributario, o río Seixiñas. Desemboca no Rosende, na parroquia de Artes (Carballo), logo dun percorrido duns 14 km.